Xente
Restaurante Nixon
Comezan as Xornadas de Salmón no Restaurante Nixon, que conta xa con 44 anos de experiencia no sector hosteleiro. Centos de fotografías nas súas paredes recórdannos que é este un lugar emblemático. Este tan coñecido restaurante estradense, rexentado por Tito Pérez, é famoso polas súas tapas e pratos de Salmón, ademáis de polo seu cocido.
Dende o día 1 de maio ata o 31 poderemos disfrutar dunha gran variedade de menús e pratos de salmón, que comezaron a darse a coñecer co salmón como ingrediente estrela das tapas fai máis de 4 décadas.
E para deleite do noso paladar, Nixon ofrece gratuitamente 4 tapas elaboradas con salmón por botella de viño. Éstas son algunhas das sabrosas tapas que poderemos degustar este mes de maio:
Salmón afumado con ourizo de mar
Salmón salvaxe afumado con bola de xeado de queixo de tetilla e xugo de maracuiá
Crocante de salmón sobre compota de mazá e vinagre de módena con mazá confeitada ao Oporto
Tostiña de salmón afumado con ameixa pasa, queixo e eneldo
Imaxe do comedor do Restaurante situado na rúa Ponteareas, nº 14 da Estrada
Non esquezamos esta sabrosa alternativa para a nosa ruta de tapas e viños na Estrada.
Redacción e fotografía: Aroa Martínez






















