Os Morriñentos
PERCORRENDO MUNDO CON DAVID VILLAR
David é un estradense que marchou xa fai 5 anos na procura de novas experiencias. Pasou por Dublín, Barcelona e recentemente marchou a Londres por unha nova oportunidade laboral. Ainda que se confesa morriñento completamente, de momento non está nos seus plans voltar á terra que tanto bota en falta, xa que mentres a súa experiencia de vivir e traballar no seu novo destino sexa productiva, terá que aproveitala.
Parque Nacional Aiguestortes (Cataluña)
¿Cándo marchaches da Estrada?
A derradeira vez que marchei de Galicia foi no ano 2007, fun vivir a Barcelona. En novembro do ano pasado dende Barcelona movinme a Londres, que é onde resido actualmente.
¿Cánto tempo levas fóra?
5 anos.
¿Por qué marchaches?
De Galicia marchei buscando unha nova experiencia, ainda que laboralmente tamén parecíame moi interesante. En Barcelona estaba moi a gusto, pero saíume a oportunidade de traballar en Londres e pareceume unha boa opcion.
Candem (Londres)
¿A qué te adicas ahí?
AdÍcome á consultoria de tecnoloxias de información, en concreto, a temas relacionados ca planificación da cadea de suministro.
¿Por qué máis sitios pasaches dende que marchaches da Estrada?
Cando rematei a carreira, no 2005, estiven unha tempada vivindo en Dublín, traballando onde podía e aprendendo inglés. No 2007 establecinme en Barcelona, que foi onde estiven vivindo ata finais do 2011, e agora vivo en Londres.
Parque Natural Montseny (Cataluña)
¿Cómo é o lugar onde estás e qué é o que máis che gusta? Clima, paisaxe, comida, forma de vida, horarios…
A verdade é que non levo demasiado tempo en Londres, pero o suficiente para facerme unha idea. O clima non é tan malo como o pintan, ás veces aparece algun día despistado de sol.
É difícil definir Londres como referente da vida inglesa, posto que é unha cidade moi cosmopolita. O mellor de Londres é a variedade cultural que hai, as posibilidades de conecer xente de calquera lugar do mundo con visións tan diferentes.
A pesares da variedade cultural, sigue habendo cousas moi arraigadas á cultura inglesa como os horarios para cear ou o “fish & chips”. Creo que non me vou acostumar á cociña inglesa… pero tentarei mellorar co tema dos horarios para cear, posto que xa me tocou pasar sen cea algunha vez.
¿Cómo se vive a crise ahí?
A crise no é tan forte como en España, e tampouco está tan agudizada nun único sector. Tamén hai subida de impostos, recortes, etc, por exemplo, o acceso á univerdade complicouse bastante nos dous derradeiros anos debido o aumento esaxerado das tasas. Pero, especialmente en Londres, hai outros sectores que xeran moito emprego e dinamizan o mercado laboral.
¿Qué te chamou máis a atención de alí?
A boa coexistencia entre etnias tan diferentes.
¿Botas en falta a túa aterra? Qué botas máis en falta?
Si, boto moito de menos a miña terra. Boto en falta á familia, ós amigos, as praias, o veran de Galicia, as chuvias, a comida, o humor galego…
¿Eres moriñento?
Completamente.
¿Resultouche fácil adaptarte á vida ahí?
Aínda estou descubrindo Londres, pero por agora estou moi contento. Evidentemente hai cousas que cambian respecto á vida en España, pero creo que o meu periplo por Irlanda de fai uns anos xa me preparou para o “shock” inicial, supoño que iso fíxoo máis doado.
¿Hai moita diferencia no nivel de vida?
Económicamente, en xeral, os salarios son máis altos que en España, pero o transporte e a vivenda tamén son máis caros.
¿Tes pensado quedar moito tempo?
A verdade é que non teño unha data de volta, creo que mentres a experiencia de vivir e traballar eiquí sexa productiva estarei ben.
¿Tes pensado vivir nalgún outro lugar?
Non me importaria vivir nalgun outro pais, non o descarto.
¿Pensas voltar a Galicia a corto ou medio ou longo plazo?
A corto prazo non, a medio prazo non o descarto… pero a realidade é que non o sei.
Cóntanos algunha anécdota que che pasara por ahí…
A verdade é que a primeira que me ven a cabeza é unha que me pasou cando vivia en Cataluña. Facendo unha excursión polos Pirineos, despois de pasar varios pobos abandonados, atopo unha masía, con un cartel escrito en catalán anunciando que se da de comer. A minha sorpresa é cando pregunto á única persoa que estaba por ali, unha señora bastante vella, se aínda estaba a tempo de conseguir algo para xantar posto que xa pasaba bastante da hora.
A resposta automática daquela señora foi… –“están durmindo a sesta”.
E outra vez veume aquela canción á mente de “hay un gallego en la luna… ”, neste caso non chegara de Ferrol, senón de Peinador…
Redacción: Aroa Martínez / Fotografías cedidas por David Villar






















Hola muy buena idea para los que estamos fuera de A ESTRADA y en estas fiestas navideñas es cuando mas morriña entra y te acuerdas de todo y de todos los que compartiamos las navidades.
Un saludo des de FUERTEVENTURA
Felicidades pola iniciativa, da gusto que contedes con nos que estamos fora. únome á vosa aposta e manifesto a miña grande morriña por esa terra tan bonita que temos “A Estrada”.
Unha aperta e espero ir visitaros pronto.
Moitas gracias Diego! Un saudiño dende a túa terra! Haberá que falar contigo para outro reportaxe dos Morriñentos!
Moitas gracias pola proposta e doubos a miña noraboa pola creación de esta revista dixital, que sen dúbida é un luxo.
É unha moi boa maneira de estar un pouquiño máis cerca da nosa terriña. Moitas grazas. Bicos agarimosos.