Música

JAVIER OTERO NEIRA

Comezou ós oito anos no conservatorio da Estrada e, tras cinco anos traballando no Conservatorio Superior de Vigo, hoxe é director no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, onde é profesor, ademáis de ser un gran pianista. Tocou con músicos da Real Filharmonía de Galicia, entre outros, e próximamente tocará no teatro principal con Wenzel Fuchs, clarinetista e un dos máis famosos músicos do mundo, e con Laura Alonso, soprano galega de gran proxección internacional , no Teatro Principal da Estrada. Ainda que ó principio non lle gustaba estudar música despois do colexio, hoxe agradécellelo aos seus pais e recoñece que “foi unha grandísima idea”.

Javier Otero é un estradense que comezou a súa andadura pola música cando contaba con tan só 8 anos, no Conservatorio da Estrada. “Recordo á miña profesora de piano, Ángeles, ainda que marchou pronto e nunca volvín a saber dela. A meus pais sempre lles gustou a música e como ían os meus irmáns, pois fun eu tamén. Agora recoñezoo que foi unha grandísima idea”.

Javier toca o piano e case o 95% da música que toca é clásica, ainda que dende hai un par de anos, disfruta tamén tocando outras cousas en música moderna, como Quique González ou de clásicos coma Sinatra, case de todo. “Despois de anos estudando máis de oito horas ó día, fai falla ter algo que che faga disfrutar en todos os sentidos, e que non teñas preocupaciónns coma se das unha nota ou rozas a do lado.”

 

Ten xa uns cantos concertos ás súas espaldas. “Intento tocar todos os que me saen, pero a situación é complicada, entendo que os xestores musicais estean baixo mínimos. Agora mesmo hai cousas máis importantes, só hai que ler os xornáis para ver o que está a pasar no mundo. Pero ainda así, os artistas debemos ser os primeiros en adaptarnos a este momento, e non pretender cachés desorbitados coma se teñen pagado, ademáis, por cousas que non o valen”- dinos.

Dentros dos concertos que xa leva tocados, os que lembra con máis agarimo son o do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e o da Fundación March en Madrid, “e por suposto o Teatro Principal da Estrada” –engade.

Tocou con músicos da talla da Real Filharmonía de Galicia, coa soprano Laura Alonso, unhas das sopranos españolas con máis proxección na escea internacional, e actualmente prepara un concerto para violín e piano coa violinista húngara Ildikó Oltai. O próximo xoves poderemos velo no Teatro Principal da Estrada con Wenzel Fuchs, clarinetista moi famoso a nivel mundial, xunto coa xa citada soprano Laura Alonso, nun concerto en primicia na Estrada. “Para min é un orgullo poder facer este concerto na Estrada, porque traer a un dos máis grandes músicos do mundo ao noso pobo facíame moita ilusión. Así pois, esperemos que saia todo ben”.

 

Javier recorda con especial agarimo o os concertos nos que máis disfrutou. “Foi na Fundación Juan March, o ano pasado. Disfrutei moitísimo e gardo un recordo xenial dos concertos en León e Sevilla, a xente foi moi agradable. Intento que cada concerto teña o seu recordo especial, ainda que no que sí lembro que comezaban a saír as cousas foi no Teatro Jofre de Ferrol, coa Real Filharmonía. Ao saír, lembro que penséi: por fin.”

A tarefa actual de Javier Otero actualmente, despois de cinco años traballando no Conservatorio Superior de Vigo, é de director no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, onde é profesor. “Toda unha experiencia pasar de mozos de máis de 18 anos a rapaces de entre 8 e 20 anos. Hai que poñer a creatividade a traballar moitísimo” – comenta.

Este ano Javier espera sacar o seu primeiro disco ó mercado. “Niso estou. Caseiros teños moitos, procuro facer gravacións dos meus concertos, en audio e vídeo, que ó final van a Youtube. Pero agora quero sacar o primeiro dun xeito profesional totalmente”.

A axenda de concertos para esta tempada pódese consultar na súa web: http://javieroteroneira.com/

Podemos adiantar que estará en Santiago, A Estrada, Vigo e Madrid. E próximamente irá actualizando a web con algún concerto fora tamén.

Os compositores favoritos de Javier son moitos. “Dende Chopin ata Prokofiev, e por suposto Schubert, Beethoven, Liszt, Rachmaninov… Non podo elixir, diríaos todos! Agora estou traballando moito con compositores galegos, que non se coñecen, como Marcial del Adalid, Andres Gaos e con amigos meus como Octavio Vázquez, do que toqueis a súa integral para violín e piano”.

Pedímoslle a Javier que nos recomende músicos estradenses. “Pois como non podía ser doutro xeito, admiro moito aos rapaces que están a estudar no Conservatorio da Estrada. Aquí temos algúns músicos facendo o superior de moito nivel, non hai máis que ver cómo sona a banda. Tamén hai unha boa canteira de música tradicional: grupos de folk e tamén doutros estilos. Se digo algún nome seguro que me esquezo dalguén, e aínda que a xente non recoñeza os estudos musicais como se merece, todos os que fan por tocar un instrumento e sacrifican o seu tempo para ensaiar, son importantes”.

Para rematar, cóntanos unha anécdota dalgún concerto. “Cando estudaba en Madrid, no Real Conservatorio Superior, toquei no Centro Cultural de Moncloa un sábado pola tarde, e esquecéranse dos programas. Estaban todos os meus amigos, e de repente escoito a un señor maior falarme mentres tocaba. Eu non o cría, ata que tiven que parar e mantivemos unha conversa , jaja… quería saber o que estaba tocando. O resto da obra foi un desastre, ata que chegou o descanso e puiden concentrarme…”


Redacción: Javier Otero Neira / Aroa Martínez

Fotografía: Aroa Martínez

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

* Copy this password:

* Type or paste password here:

801 Spam Comments Blocked so far by Spam Free Wordpress

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>