Educación

PROXECTO DO CEIP DO FOXO “MULLERES CIENTÍFICAS”

1º TAREA

REALIZAR EN GRUPO LO QUE SE PROPONE:

  •  SABER CÓMO ES UN LABORATORIO DE QUÍMICA
  • EXPERIMENTAMOS CON COLORES:

                    1º “BAILE DE COLORES”

                    2º  ”LÁMPARAS DE LAVA” 
                    3º “GAFAS 3D ANAGLÍFICAS”

 

2º PROCESO

CADA GRUPO DEBERÁ:

  • PARA SABER CÓMO ES UN LABORATORIO:

 

OBTENER INFORMACIÓN SOBRE LOS LABORATORIOS A TRAVÉS DE LOS ENLACES (QUÉ ES, PARA QUÉ SIRVE, MATERIALES,…)
IDENTIFICAR EL AULA-LABORATORIO DE LOS PEQUECIENTÍFICOS QUE HAY EN EL CENTRO
IDENTIFICAR Y REALIZAR UN LISTADO CON EL MATERIAL QUE HAY EN EL LABORATORIO DE LOS PEQUECIENTÍFICOS ATENDIENDO A LA INFORMACIÓN OBTENIDA

 

  • PARA REALIZAR LOS EXPERIMENTOS:


OBSEVAR LOS ENLACES DE CADA EXPERIMENTO (SÓLO EL PROCESO Y NO EL RESULTADO)
REPARTIR TAREAS Y FUNCIONES EN EL GRUPO
ESCOGER EL MATERIAL NECESARIO
REALIZAR EL EXPERIMENTO ELEGIDO 
VISIONAR LA CONCLUSIÓN DEL EXPERIEMNTO Y COMPROBAR SU RESULTADO
REFLEXIONAR/COMENTAR SOBRE LO QUE HA SUCEDIDO DURANTE EL EXPERIMENTO
LOS MAYORES CUBRIRÁN POR GRUPO UNA FICHA DE OBSERVACIÓN
PUESTA EN COMÚN DE LA EXPERIENCIA ENTRE TODOS LOS GRUPO

LA FICHA DE OBSERVACIÓN A CUBRIR POR CADA GRUPO DE LOS MAYORES INCLUIRÁ LOS SIGUIENTES APARTADOS:

NOMBRE DEL EXPERIMENTO
MATERIALES
BREVE DESCRIPCIÓN DE LA EXPERIENCIA
¿POR QUÉ SUCEDE?
OPINIÓN SOBRE LA EXPERIENCIA
 

Con esta actividad se pretende:
 
    Aprender sobre los experimentos y así adentrarnos en el mundo de las mujeres científicas.
    Fomentar actividades de aprendizaje cooperativo
    Favorecer la inclusión escolar   


OBXECTIVOS DO MILENIO 2000-2015 NO IES Nº1

Alumnas e alumnos do IES nº1 traballarán este mes cos materiais da exposición “Obxectivos do Milenio 2000-2015″  organizada polo Concello da Estrada en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrado por 93 concellos e as Deputacións de Coruña e Lugo, que ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades en relación cos desequilibrios Norte-Sur. A exposición chega co obxecto de concienciar ós alumnos sobre a necesidade de construir unha sociedade mundial máis xusta e equitativa. Os paneis elaborados polo Fondo Galego sintetizan as oito metas prioritarias que os estados membros da ONU fixaron hai unha década na Declaración do Milenio: erradicar a pobreza extrema e a fame, acadar a educación primaria universal, promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a sida e outras enfermidades, garantir a sostibilidade do medio e mais fomentar unha alianza global para o desenvolvemento. Nos centros dispoñen xa de unidades de recursos educativos que complementan a mostra e nelas recóllense diversos vídeos e textos que o profesorado pode adaptar ás súas clases para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e concienciar ao alumnado sobre a súa importancia.  O IES Nº1 quixo participar tamén nesta mostra á que acudiu a edil de Benestar Social, Amalia Goldar e Carmen Durán, responsable de Dinamización Sociocultural no Rural.

 

DÍA DO LIBRO NO IES Nº1

Día 23 de abril, primavera a camiño, nacemento e vida, lectura activa.Día de Libros.Velaí unha proposta de afectos, ler, para así saber un pouco máis quen somos, poisa o ler…lémonos, e así a través dos libros atopámonos con moita cousa para irnos construíndo, aínda que mesmamente un libro non nos guste, na nosa BIBLIOTECA, na casa e nas Librerías, hai moitos máis onde conectar para así sentirnos vivos e verdadeiros suxeitos da nosa madureza como persoas. Velaí un mundo de mundos no soporte, non único, dos Libros e estes arriquecidos no enerxético da Cultura nosa e así logo na comunicación da nosa Lingua ( e tamén nas outras, pois son flor de pobos e iso debemos respéctalo sempre).

O ies nº1 así neste 23 de abril e de primavera, a augas mil, vai a toda lectura para seguir polo ano adiante, e sempre, en hábito lector da man dos libros para estar no mundo, neste mundo, que soñamos sostible e mellor.

Hoxe na Biblioteca, lugar de encontro e de abrazos lectores, todo un día vintetrés de exercício de pensamentos a través dese acto fermoso, cheo de horizontes, que é a lectura. Moitos abriles de libros libres facendo lectura creativa, activa, necesaria.

http://www.flickr.com/photos/iesn1plastica/6959922060/in/photostream#/

 

DON MANUEL GARCÍA BARROS ( duaskás)

Este 12 de abril en avance de primavera , hai corenta anos, colleu memoria no noso colectivo  estradense a figura de Don Manuel García Barros, mestre, escritor, labrego, xornalista. correspondente da Real Academia Galega e moito máis que resumido, integerado, militante no noso pobo do Galego, defínese como galego de certo e a toda vida de ser estando.Referido a esta celebración de memoria viva de corenta anos non poderemos perder de vista os puntos esenciais do seu vivir e crear. Falamos de Berres, de Callobre e da Estrada, sen emporiso deixar de lado outros espacios de acción como Rubín, Pardemarín, Lamas, Olives, Curantes e Ancorados. Tamén as terras de Pepín en Verín, en Castrelo de Val, onde aínda se pode falar con alumnos seus e disfrutar do viso daquelas terras desde o patín da casa escola na que el impartiu docencia. Moi importante é celebrar para (re)coñecernos e (re)coñecer. A memoria non debe ser unha lousa que acoute e que conteña, que disolva para o olvido e si un chamo, un til de intesidade, para seguir na teima de nos descubrir e nos saber comprensivamente e así niso poder emendar males e restaurar verdades que no seu día se deformaron como falsidades de mal sentir.

Don Manuel García Barros, Kenkeirades, foi un militante da nosa Lingua, da nosa Cultura. Foi un aloitador sen pausa da afirmación da nosa identidade. Como díxo del Don Ramón Otero Pedrayo: “ foi galego e labrego que é ser dobremente galego”.

No ando da nosa memoria e entre outras moitas referencias diremos que celebramos neste ano por unha parte, que así mo indicou Carballeda, pois a veciñanza tamén se fai preguntas, que mesmo abre os ollos e ve e así na parte de atrás do noso concello alí está a data en romano MCMXII, e de aí pois os cen anos do remate das obras da actual casa do concello ( da fábrica nova como lle dixo Don Manuel G Barros e na que houbo un acto de postín presidido por Raymundo Riestra Calderón, o xuiz municipal era Don Camilo Pereira ). Tamén , no ano 57 do século pasado, serán 55 anos do nomeamento de Don Manuel como correspondente da Real Academia Galega, a recado de Don Mario Blanco e así tamén os cincuenta anos de días de  Letras Galegas, de idioma e cultura en resistencia, pois vivimos momentos de dinamitación do que somos e do que nos determina, Lingua e Cultura. Tamén é de importancia sinalar , entre outras moitas, a intervención de Don Manuel na redacción de “ El Emigrado” que dirixía o señor Otero Abelleira e no que lidaban con estes dous uns tamén mestres de saber e importancia como foron Fernández Daponte, Fondevila e Bernardo Mato.

Don Manuel, Patriarca das Letras Galegas,facendo profesión de amor á doce terra na que naceu e na que viviu ( na que ten o ben de acougar en sono, presenza en nós, eternamente), deixou de loitar o doce de abril de 1972 e así o fixo, diremos que na arela,  de ver publicada a súa obra “ As aventuras de Alberte Quiñoi” ( que sería por outono deste ano seu de morte, fai logo tamén corenta anos). Velaí ”…ao fin hai que se ir”-dixo don Manuel , pero está en nós e así tirándonos dos desexos e das forzas para mellor obra colectiva deste pobo no proceso de nos determinar a toda comprensión o futuro a conquistar.Moitos saúdos para Don Manuel ( duaskas) neste día e para os moitos que nos agardan na súa memoria chea de días con alboraxares estradenses para facer Galicia.

DAVID OTERO-mestre-escritor.

 

O IES nº1 celebra o 21 de marzo, Día da Poesía

A poesía é unha mostra creativa de diversidade e de diferencias. Defínete e faite libre. Determínate a singular plural. Tamén te pon constructor@ de moito. Compañeir@. Ponte na crítica positiva das palabras que ti usas para te expresar. E interpretas de forma bonita, pero firme, a(s) realidade(s).  E así se queres, en poemas, poderás poñer en limpo o que pensas e o que entendes para comunicalo. E faralo libremente. Poderás escribilo e (ou) debuxalo. Tamén facelo música, xesto, baile e forma de andar ou de mirar, ou vai ti saber como se che dá por facelo. E sempre no idioma que é teu e así faralo notar ben para que se disfrute del nunha gramática rigorosa, pero singular, poética, limpa e de campar, humilde de tanto orgullo, sexa en feminino ou en masculino, e tamén en plural. Xa que logo na poesía e no poema podes mandar sinais de vida, a vida mesma, aos mundos que soñas e soñamos, aos que temos diante,aos que gozamos e aos que tamén estamos a padecer.Pois de que falar nos poemas se non é do que nos ocupa e preocupa, do que nos move e conmove,  Nos teus poemas circularán libremente as túas palabras, as mellores e máis honestas e as túas ideas, e as nosas tamén. Non olvidar que se trata de comunicar. De compartir. E así diso xorde a toda fresca a beleza para poner de mellor campar a nosa casa ( e o mundo).Coa poesía ponse moita cousa nas nosas mans para traballar con ela. Velaí o 21 de marzo DÍA DA POESÍA, día para pensar se é posible que as nosas forzas creadoras son certas de verdade e podémolas sentir a tope , as dunhas e as duns con todas e con todos.Esta idea DO DÍA DA POESÍA naceu o día 21 de marzo en París para tela en conta en todos os pobos do mundo e así no noso pobo faremos hoxe un parar para celebralo con acariño de certo e confiado.Hoxe soarán todos os idiomas do mundo, todas as linguas do universo, en poesía. CHEAS DE POEMAS. E nós estamos niso e con iso…a que si? Nunca olvidemos que a poesía ten mil formas de entendela, pero nace sempre do máis intenso, do máis íntimo, da cultura dos nosos pobos. Botemos unha man para sentir a importancia de beleza, a forza inmedible, da poesía. E desde ela tamén podemos gustar da lectura. Tamén do ben que nos senta botar un poema ao mundo. Que efecto dinámico e dinamizador.Sempre haberá unha color que descubrir. Un atopar palabras feitas poema. Unha chave coa que abrir as sorpresas. Un poema que nos di sempre quen somos…quen podemos chegar a ser. E por iso…nunca digas non a un poema. No te canses nunca de vivir. Tamén coa POESÍA.

 

David Otero ( mestre-escritor)

O CEIP de Figueiroa participa no proxcto ARCE    

O  pasado 26 de febreiro, 30 alumnos/as do noso centro, xunto con tres profesores/as, realizaron unha saída educativa a Rasquera (Reus – Tarragona). Esta saída enmárcase dentro do Proxecto Arce (convocado polo Ministerio de Educación) no que este centro está a participar xunto con outros tres de distintas comunidades autónomas (Catalunya, Balears e Canarias).

A saída tivo lugar ás 13:40 h. do aeroporto de Lavacolla con destino ao aeroporto do Prat (Barcelona). Desde alí ata Rasquera desprazáronse en autobús. Estiveron aloxados na casa de colonias “CA MANXOL”.

Para moitos nenos/as foi unha experiencia única, xa que voaron por primeira vez.

Durante a súa estancia nesta vila visitaron os colexios de Ginestar e Rasquera e participaron nunha xornada de convivencia con alumnos/as dos dous centros. A temática desta xornada xirou ao redor dos xogos tradicionais propios da comarca visitada. O martes pola mañá estiveron en Miravet e realizaron un paseo en barca polo río Ebro e percorreron a parte antiga do pobo, o castelo e un oleiro; pola tarde, foron a Benissanet para visitar unha cooperativa (Grup Fruit), o Museo da Música e un refuxo antiaéreo.

O derradeiro día, mércores 29, pola mañá estiveron en Rasquera visitando un forno de pastissets, unha llatadora e a Ermida de Santo Domingo. Ás 16:00 h. partiron en autobús cara o aeroporto do Prat donde embarcaron no avión rumbo a Santiago de Compostela ás 20:05 h.

Redacción e fotografía: CEIP de Figueiroa

 

 

 

O IES nº1 mostra a súa solidaridade cos estudantes valencianos

Estudantes, profesorado e persoal non docente sumáronse o pasado 28 de febreiro, nunha concentración diante do Centro, ás protestas contra a forte carga policial aos estudantes valencianos do IES Luís Vives.

Na concentración leeuse un manifesto de apoio e de solidaridade cos estudiantes e condenouse o xeito en que foi reprimida a actitude democrática de libre expresión e reveindicación dun ensino público de calidade.

 

Redacción e fotografías cedidas polo IES nº 1

 

 

Entroido no IES nº1

Fotografías cedidas polo IES Nº1

¿Por qué un Banco de Libros?

 

Esta idea surge de las necesidades económicas de las familias, especialmente en estos tiempos de crisis, pero también de la necesidad de fomentar los valores como solidaridad, colaboración, sostenibilidad y consumo responsable en nuestros alumnos y sus familias.

 

Este es un proyecto que pretende crear un banco de libros en la Anpa del IES “Manuel García Barros” en la modalidad de préstamo para los socios de la Anpa, donde se adquiere un compromiso entre Anpa y familia solicitante de devolver el o los libros prestados en buen estado al finalizar el curso, en el supuesto de deterioro o perdida del mismo la familia adquirirá por su cuenta el libro para entregarlo al Anpa tal y como establece el contrato firmado por ambas partes.

 

Esta Anpa ha recibido 20 solicitudes de banco de libros, 5 para 3º de la ESO y 15 para 1º de Bachiller, a las cuales se les dio curso.

 

El Anpa considero que valía la pena el esfuerzo económico y de trabajo que requería  este proyecto y se puso manos a la obra. Agradecemos la atención y la colaboración de Acoe y de sus librerías socias que entendieron en todo momento nuestro proyecto y al cual contribuyeron con un dto. en el total de la factura.

 

Queremos agradecer el apoyo y la colaboración de nuestro centro en este y en todos los proyectos o propuestas que esta Anpa siempre presenta.

 

Y a la concejalía de Serv. Sociales y Educación por su atención, apoyo y esfuerzo en la procura de que este proyecto pudiera verse fortalecido.

 

 

Reglamento del Banco de Libros de la Anpa del IES “Manuel García Barros”

  1. Ser socio/a de la Anpa, al inicio del curso 2011/12

 

  1. Los libros nuevos o cedidos al Banco de libros son propiedad de la Anpa.

 

  1. Tendrán en primer lugar preferencia aquellos socios que aporten libros de texto al banco de Libros.

 

  1. En caso de haber más solicitudes que libros en este servicio, se procederá a un sorteo público en asamblea.

 

  1. Los padres se comprometen mediante contrato a devolver los libros prestados en buen estado. De no ser así, o en caso de perdida deberán reponer el ejemplar.

 

  1. Los libros se devolverán con un forro nuevo, sin usar, el mismo día de entrega de notas en junio.

 

  1. De precisarse el libro en el verano, para preparar los exámenes en septiembre, tendrán que comunicarlo a la Anpa, para tenerlo localizado.

 

  1. Las solicitudes, tanto de petición como de cesión, se entregaran en el plazo fijado por la Anpa, para que se pueda organizar la entrega y la recepción del material.

 

  1. A cada usuario del Banco de Libros se le asignara un código. Unos días antes del inicio de las clases se cubrirán las solicitudes presentadas al Anpa y se entregara el material para su revisión dándole conformidad firmando el contrato de compromiso por parte de las familias.

 

  1. Si no se cumple alguno de los puntos de este reglamento, este socio/a perderá el derecho a participar de nuevo en el servicio de Banco de Libros.

 

  1. Recordemos que los textos utilizados en cualquier centro escolar tienen una duración de cuatro años, por lo tanto los textos utilizados en el Banco de Libros también, excepto situaciones concretas con las que nos podamos encontrar.

ANPA DEL IES MANUEL GARCÍA BARROS

 

 

Entrega de medallas no Cross do Magosto 2011 no CEIP Figueiroa

Comezan os xogos tradicionais no CEIP Figueroa

O pasado mes de novembro comezou unha xornada de xogos tradicionais no CEIP Figueroa.

En primaria consistiron en diversos xogos como trompos, chapas, corda e goma, carreiras de sacos, peletre, chave e a rá, os zancos e o pano doble e en infantil aros, paracaídas, pelotas, pasemisí, corda, etc.

Día contra a violencia no IES nº1

Con motivo do día contra a violencia, os rapaces do IES nº1 participaron en diversas actividades en pro da igualdade da muller.

 

 

 RULA E VINCULA. Arquivo Fotográfico

Dende o IES Nº 1 queremos facer un banco de imaxes coa maior cantidade posible de fotografías dixitais do entorno rural da Estrada. Para este proxecto a colaboración da Comunidade Escolar é fundamental.

As fotografías pódense pasar mediante calquera soporte informático (pen, tarxeta de memoria, cd, dvd, etc.) preferiblemente aos profesores David ou Jano, tamén se habilitará temporalmente un ordenador en conserxería a tal efecto. O material será devolto aos propietarios unha vez copiado.

Os arquivos ou carpetas deberán indicar o lugar onde foron feitas as fotografías.

Se a cámara ou móbil teñen localizador GPS preferimos que o activedes, para poder colgar as fotos no Google Maps e situalas no lugar exacto onde se tomou.

Se nas fotografías aparecen persoas (da igual que sexan maiores ou menores de idade) debemos ter o consentimento escrito destas ou dos seus representantes, en caso de menores, para poder usar a súa imaxe.

Tede moi en conta, tanto no tema do GPS como da Imaxe, que o fin último deste arquivo fotográfico é o seu uso público é dalo a coñecer e difundilo o máximo posible.

Grazas pola vosa segura colaboración.

 

 

 

One Response to “Educación”

  • Juan Carlos Pereiro Fernandez

    Muchos recuerdos al ver las fotos del colegio y a Don Tino que fue profesor de educacion fisica en mis tiempos hace 30 años , bueno felicidades por poner cosas de la Estrada para los que estamos fuera de nuestro pueblo y poder esta algo al dia de como esta todo.

    saludos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

* Copy this password:

* Type or paste password here:

801 Spam Comments Blocked so far by Spam Free Wordpress

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>