Contos
DAME UNHA APERTA
Dame unha aperta
que eu che darei
un xeado de amorodo
e un iceberg.
Dame unha aperta
que eu che darei
unha estrela do ceo
e o meu querer.
Dame unha aperta
que eu che darei
un bico de amencida
e un chuchumel.
Dame unha aperta
que eu che darei
un Sol Rebulideiro
do noso alborecer.
Xosé Luna
(poema do seu novo libro “Sol Rebulideiro” que presentaráse o Venres, 25 de maio de 2012 ás 19,00 h. na sala do MOME dentro da programación de actos das Letras Galegas 2012).















