Os zombies invaden A Estrada
Venres, 13 de xaneiro de 2012
Onte pola tarde as rúas da Estrada enchíanse de zombies na “Zombie walk” dentro do 1º Festival de Terror “Panic”. O ataque zombie servirá para o trailer que poderá visionarse ó longo do mes de programación de “Panic” que onte ás 00.00 h. da noite daba comezo coa película “El resplandor” nos Multicines Central.
A marcha, composta por alumnos da escola municipal de Teatro, rapaces de distintos institutos e nenos de diferentes idades, saía ás 20 h. da praza do Concello recorrendo a rúa Justo Martínez, que foi pechada ó tráfico, ata ós Multicines. Un grupo de zombies atacaba á xente dentro dun coche de protección civil, e catro rapaces presenciaban a escea horrorizados mentres un gran número de zombies camiñaban hacia eles entre o fume artificial ás ordes e ó ritmo que lles marcaban os directores Pedro Pérez e Fernando López de Trípode Producciones.
A filmación rematou na porta dos Multicines, e a continuación os zombies recorreron a rúa Calvo Sotelo ata a Praza da Farola para voltar pola rúa Serafín Pazo ata o Concello de novo onde tomaron unha “chocolatada” para combatir o frío.
Redacción e fotografía: Aroa Martínez












































soy Laura, una de las protagonistas que escapaban de los zombies en la Zombie Walk
fue una tarde/noche genial en la que disfruté muchisimo, y donde quedé muy muy contenta al ver que tanta gente habia decidido disfrazarse de zombies y participar
una experiencia muy bonita, la verdad…y estoy deseando poder ver como quedó el trailer, aunque seguro que quedó perfecto
un saludo y un abrazo muy fuerte a los que componen la web de Catro Gatos!
Igualmente Laura, e graciñas polo teu comentario!
somos la pareja que fuimos de vigo y partizipamos en la toma de la calle con los zombies , y la verdad que tanto maria como yo nos lo pasamos genial, vimos mucha participacion por parte de la gente tanto los que iban disfrazadados como los que no. resumiendo nos ha ecantado volveremos a tomar las calles el año que viene con mas fuerzaUn fuerte abrazo desde vigo…
Un abrazo dende Catrogatos e graciñas por deixarnos o voso comentario!!! Un afectuoso saúdo!
Dende a Concellería de Cultura queremos dar as gracias a tódolos participantes pola súa boa acollida a esta iniciativa e a colaboración prestada.
Moitas gracias a tod@s, e para o ano a repetir….
Si chega a entrar algen de afora onte na estrada digoche que non entra mais
Alabadiño, jajaja! que medo!