Gala Benéfica no colexio de Lourdes
Sábado, 17 de decembro 2011
Onte ás 21,30 h. tivo lugar a Gala Benéfica no centro da ESO de Nuestra Señora de Lourdes, coa actuación da soprano Laura Alonso, de Vilagarcía, acompañada polo pianista estradense Javier Otero.
Laura Alonso é unha recoñecida artista de prestixio internacional gañadora de diferentes premios como o Alfredo Kraus e xa pasou polos teatros máis importantes do mundo, como os teatros de ópera de Alemaña, Francia ou Inglaterra. Recentemente grabou unha ópera en Nueva York que foi interpretada no Lincoln Center. Este é o primeiro de unha xira de concertos xunto a Javier Otero, que terá como segunda parada o Auditorio de Vilagarcía, no que o próximo venres 23 interpretarán a ópera A Voz Humana de Francis Poulene.
Na gala benéfica de onte púxose á disposición do público unha mesa de Cáritas para facer donativos.
Fotografía: Aroa Martínez
























[...] sobre la gala benéfica en el Colegio Nosa Señora de Lourdes (pulse aquí) This entry was posted in Sin categoría by admin. Bookmark the [...]